A Real Academia e a Xunta homenaxean a Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras 2020
17 Maio 2020
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou esta mañá nun acto simbólico organizado pola Real Academia Galega (RAG) en Santiago de Compostela, fronte a casa na que residiu o homenaxeado nas Letras Galegas de 2020, Ricardo Carvalho Calero.
Durante a homenaxe, realizouse unha ofrenda floral ao pé da vivenda a cargo do presidente da RAG, Víctor Freixanes, e procedeuse á lectura dun poema do escritor, historiador e filólogo ferrolán por parte da académica Margarita Ledo. A gaiteira Susana Seivane pechou a cerimonia cunha interpretación do himno galego.
Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. Letras Galegas 2020 A académica Margarita Ledo e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez durante a homenaxe a Ricardo Carvalho Calero
Ademais do titular de Cultura e Turismo, tamén asistiron ao acto o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García así como familiares do escritor e representantes da RAG e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, xunto co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participará na homenaxe a Ricardo Carvalho Calero organizada pola RAG con motivo do Día das Letras Galegas. Ao pé da casa na que residiu o autor (Carreira do Conde, 4). foto xoán crespo 17/05/2020 O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, xunto co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participará na homenaxe a Ricardo Carvalho Calero organizada pola RAG con motivo do Día das Letras Galegas. Ao pé da casa na que residiu o autor (Carreira do Conde, 4). foto xoán crespo 17/05/2020
A cita, consolidada na comarca do Sar baixo o lema «Resistencia e alegría», contará con actuacións como as de Paco Nogueiras, SECHO ou Ceibarrimas, ademais de degustacións e regueifas. A aldea de Manselle, no municipio de Dodro, volverá ser o epicentro cultural da...
Comeza o outono ás 02,05 e a estabilidade meteorolóxica continuará a ser a gran protagonista deste mércores 23, San Lino. As Rías Baixas vivirán un día de marcada influencia marítima. Aínda que o sol dominará o ceo durante o groso da xornada, a previsión meteorolóxica...
A Xunta de Galicia activou este martes a conta atrás cara ao Xacobeo 2027 mediante a instalación dun cronómetro na Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela, un dispositivo que marca as xornadas restantes para o vindeiro Ano Santo xusto cando restan...
Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...
Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...
A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...