A Deputación inviste 240.000 euros na mellora de diversas rúas en Porto do Son

23 Maio 2020

Sae a licitación o proxecto de humanización da rúa da Fonte de Portosín e as obras de acondicionamento das rúas Salvador, Costa Granxa e Petón de Baia na localidade sonense.

Os proxectos, financiados ao 100% con fondos do Plan Único (POS+2019) da Deputación, están en fase de licitación pública ata o vindeiro 27 de maio.

Polo seu importe (100.665 euros), destaca o proxecto de humanización da rúa da Fonte, en Portosín, que se atopa nun evidente estado de deterioro debido ás irregularidades da calzada provocadas polas numerosas gabias abertas para acometer instalacións e conta con múltiples barreiras arquitectónicas.

As obras suporán unha reforma integral da rúa, actuando sobre as beirarrúas, a calzada, as instalacións aéreas e subterráneas, ademáis de na confluencia co Paseo de Coira e a rúa do Con.

O proxecto contempla a eliminación das barreiras arquitectónicas, redefinindo un ámbito onde o peón prevaleza fronte ao tráfico rodado. Pavimentarase toda a rúa, eliminando os parches e fochancas existentes e mellorando notablemente o seu aspecto, ao que contruibuirá tamén o soterramento da maioría das instalacións aéreas de electricidade, alumeado e telefonía e a renovación das subterráneas. Ademáis dotarase ao conxunto de novo mobiliario urbano e árbores.

A fonte que da nome á rúa, recollida no catálogo de patrimonio cultural do PXOM de Porto do Son, será tamén recuperada e posta en valor.

Tamén se levará a cabo do acondicionamento doutras tres rúas do municipio: Petón da Baia, Costa Granxa e Petón, nas que se instalarán colectores separados para augas pluviais e residuais e se pavimentarán con formigón armado pulido con acabado rugoso en cor ocre, en sintonía con outras rúas do muncipio. 

Portosín

Outros artigos

Arrancou en Portosín o Campionato de España ILCA Master

O Campeonato de España ILCA Máster arrancou este venres en Portosín cunha xornada marcada polas dificultades meteorolóxicas na ría de Muros e Noia. A ausencia de vento estable impediu completar manga ningunha, tras máis de sete horas de espera no campo de regata....

+

O 21 de maio arrincan as Festas de Santa Rita de Nebra

O vindeiro 21 de maio comezan en Nebra (O Porto do Son) as Festas de Santa Rita, que este ano redobra a súa posta pola troula e o baile e a música tradicional e popular. Os festexos arrincan o 21 de maio, Día do Cruceiro de Tores, a primeira hora con alboradas a cargo...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.