A ABE impulsa cunha campaña a fórmula da venda con cita previa

04 Maio 2020

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) comezou maio cunha nova contribución ao fortalecemento do sector comercial e empresarial de cara ao proceso actual de desescalada. A nova contribución da ABE, lanzada co inicio da volta á normalidade de moitos comercios asociados que dende este luns poden abrir os seus negocios cunha modalidade de venda case inédita no sector (a fórmula da venda a través de cita previa), é unha campaña informativa para dar confianza aos clientes. Trátase da campaña Tes unha cita con nós. Unha vez máis, o obxectivo é pechar fileiras arredor da importancia de apostar polas empresas e tendas dos nosos concellos, unha práctica que é o principio básico da recuperación.

A iniciativa, que xa está en marcha a través das redes sociais e a web da ABE, ten os seguintes obxectivos específicos:

· Informar da posibilidade de que os clientes que o precisen poden contactar cos comercios e negocios asociados para concretar unha cita.

· Asegurar atención individualizada e cun máximo de 1 persoa por dependente.

· Garantir que se manterán as máximas medidas de hixiene e seguridade.

A ABE engade que as persoas que non saiban como contactar co comercio no que desexen facer unha compra ou que teñan algunha dúbida ao respecto, poden contactar coa asociación mediante a conta de correo info@abe.gal o con mensaxes directas nas contas de Facebook e Instagram.

Con esta campaña, a entidade boirense comezou o inicio á nova normalidade que se concretará a partir da fase 1 coa apertura sen cita dos comercios.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.