25 maio: desaparecen case 2.000 mortos da lista oficial de España. Onte houbo 132

25 Maio 2020

Sanidade explica que se está facendo unha nova validación individualizada dos casos Por esa razón “pode haber discrepancias respecto a a notificación agregada de días previos” O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 25 de maio. Así están as cousas:

– 26.834 mortos. A véspera contábanse 28.752. Sanidade explica que se están validando datos antigos e por iso a cifra global baixa.

-235.400 confirmados por PCR. Ata o domingo eran 235.772.

-Os casos novos serían 132.

o Ministerio de Sanidade tratou de explicar dous aspectos en relación coa notificación dos falecidos por parte das comunidades autónomas. Notificación de novas defuncións: a partir de agora notificaranse diariamente os falecidos no últimos sete días. Este luns reportáronse 50 falecementos. Novo cálculo da cifra global de falecidos: O Ministerio explica que se está facendo unha validación individualizada dos casos polo que pode haber discrepancias respecto a a notificación agregada de días previos. Por iso este luns da lista ‘desaparecen’ case 2.000 mortos, en concreto 1.918.

O director do Centro de Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, puxo tres exemplos de erros nas notificacións por parte dalgunhas comunidades autónomas, en concreto: comunidades que notificaban casos de falecidos por PCR aos que soamente se lle prescribiu a PCR, pero non tiñan un diagnóstico confirmado. comunidades que contabilizaban como falecidos a aqueles que tiñan sintomatoloxía compatible con coronavirus, pero tamén sen confirmación. Eran só casos probables. comunidades que sofren aínda problemas técnicos á hora de introducir os seus datos.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.