Xosé de Cea presenta este venres 3 de maio en Ribeira o seu libro “Coímbra”

03 Maio 2024

O Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, emprazado no número 11 da praza de Compostela (Bar Plaza) vai acoller este 3 de maio a presentación dunha das grandes novidades literarias do panorama editorial galega: a novela autobiográfica Coímbra, de Xosé de Cea. Será este venres ás 20.30 horas e contará coa presenza do autor acompañado de María Xesús Blanco, presidenta da Asociación Cultural Barbantia, e Isabel Santos, vicepresidenta de Barbantia.

A presentación literaria vén da man de Barbantia, a Editorial Galaxia e o Ateneo Valle-Inclán. foi finalista do XXXII Premio de Narrativa Torrente Ballester en lingua galega convocado pola Deputación da Coruña en 2020.

Ficha de Coímbra (Editorial Galaxia)

Ademais dunha rúa do barcelonés barrio de Horta, Coímbra é un mosaico onde Xosé de Cea vai construíndo, tesela a tesela, a epopea da emigración galega en Cataluña vivida por un neno. Testemuña dun tempo de convulsos cambios sociais que se precipitan tras a fin da ditadura franquista, verá como á transición política se superpoñen outras que condicionarán a súa educación sentimental, e mesmo a de toda unha sociedade. De a cabalo da Bildungsroman e a novela autorreferencial, De Cea irá tirando da memoria, como fillo da diáspora xarnega, para tecer un relato de iniciación focalizado na desnortada travesía que vai da infancia á adolescencia. Pólvora, libros, desamor, pornografía, delincuencia… Os lectores e lectoras avanzarán a tropezos e puñadas co autor ata decatarse con el de que, ao final, aquela odisea migratoria que sacaría a millóns de homes e mulleres da fame e da miseria acabará deixando como herdanza o desarraigamento, o exilio e a condena.

Sobre Xosé de Cea (Galipedia)

Fillo de emigrantes, naceu en Barcelona o 13 de outubro de 1970 e regresou en 1984 a Palas de Rei, residindo actualmente en Melide. É licenciado en Xornalismo pola Universidade do País Vasco. Tamén traballou como profesor de xadrez e oleiro (graduado superior en Cerámica Artística pola Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Ramón Falcón). Na súa faceta xornalística, ten colaborado con artigos en A Nosa Terra, Tempos Novos, Praza Pública e Página Abierta, sendo correspondente de La Voz de Galicia nas comarcas de Arzúa e Melide entre 1999 e 2002. Dende finais do 2002 até o verán de 2021 traballou no gabinete de prensa do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e coordinou o seu voceiro Fouce. Como escritor usou varios pseudónimos, como Cibrán Ulloa ou Xosé de Cea, decantándose por utilizar en exclusiva este último na súa obra publicada dende 2018 e no que toma o apelido da súa muller Soqui Cea.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.