160 personalidades asinan un manifesto en defensa do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón convocado polo Concello de Dodro

16 Maio 2020

160 personalidades do mundo da cultura, escritores, académicos, profesores de universidade e de ensino medio, artistas e activistas culturais asinan un manifesto en defensa do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón ao que a Xunta lle retirou a súa axuda.
Entre os asinantes deste manifesto están Marilar Aleixandre, escritora e membro da Real Academia Galega; Xosé Luís Axeitos Agrelo, escritor e membro da Real Academia Galega; Chus Pato, Poeta e membro da Real Academia Galega; Xosé Luis Méndez Ferrín, escritor; Anxo Angueira Viturro, escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro; Manuel Lorenzo Baleirón, escritor e profesor; Pilar Pallarés, escritora e Premio Nacional de Poesía 2019; Cesáreo Sánchez Iglesias, poeta e presidente da AAsociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a escritora Inma López Silva ou a poetisa Yolanda Castaño, entre outros moitos.
A Concellaría de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro poñerá a disposición da cidadanía e da veciñanza este manifesto para que poidan asinar. Tamén foi entregado a todos os representantes políticos municipais que poderán asinar de maneira individual ou ratificando no próximo pleno dito manifesto xa que é intención do goberno incluílo na orde do día para dar o seu apoio por parte da corporación municipal. O xeito de asinar o manifesto é enviar un correo electrónico con nome, apelidos e ocupación a cultura@dodro.gal

MANIFESTO REMITIDO:

EN DEFENSA DO PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN

O Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón é hoxe un dos máis afamados e antigos de Galicia. Conta cunha ampla participación ano tras ano, xa que ademais da dotación económica, supón para as persoas gañadoras o recoñecemento público e a publicación da súa obra. O Certame foi instituído polo Concello de Dodro no ano 1988 a petición de Avelino Abuín de Tembra co obxectivo de “honrar a memoria do poeta Eusebio Lorenzo
Baleirón, natural deste municipio e prematuramente desaparecido, e para contribuír á reafirmación da lírica galega tan importante na historia cultural de Galicia”. Desde esa data vénse convocando todos os anos de xeito ininterrompido. A partir do 1991, na IV edición, empézanse a publicar os poemarios gañadores en Ediciós do Castro, dentro da Colección de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. O primeiro título da serie é Nas hedras de Clepsidra, de Helena Villar. En 2007, as obras galardoadas son publicadas por Sotelo Blanco Edicións e actualmente é a editora Chan de Pólvora a que publica as obras gañadoras. As persoas responsables da coordinación do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foron, en primeiro lugar, Avelino Abuín de Tembra; posteriormente, Anxo Angueira, Helena Villar Janeiro e Xabier Castro Martínez; e actualmente é Elvira Ribeiro quen leva ese cometido.
Arredor da resolución do premio, a comezos de decembro, desenvólvense varias homenaxes ao poeta, que conclúen coa entrega do galardón a finais de mes no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro. Este acto é un dos acontecementos culturais de máis pegada popular dos que se celebran no país grazas á veciñanza, que tan ben acolleu este evento dende a primeira edición.

Co paso do tempo, ademais da recompensa en metálico de 2.500 €, este certame foi alcanzado un notable prestixio, abríndose a autores consagrados e a novos talentos:
Xosé López Gómez “Ardeiro”, Gonzalo Navaza, Xavier Rodríguez Barrio, Helena Villar, Palmira G. Boullosa, Xabier Cordal, Xosé M. Millán, Xosé Miranda, Isidro Novo, Emma Couceiro, Estevo Creus, Emma Pedreira, Carlos Penela, Xosé Lois Rúa, Eduardo Estévez, María Comesaña, Lupe Gómez, Mariña Pérez Rei, Rafa Villar, Nieves Soutelo, Xabier Xil
Xardón, Xosé Daniel Costas Currás, Luís Valle, Isaac Xubín, Serxio Iglesias, Cristina Ferreiro Real, Ramón Neto, Xerardo Quintiá, Ramón Blanco Fernández e Antón Blanco Casás.
Os abaixo asinantes vemos por parte da Xunta de Galicia, ao non seguir apoiando economicamente o premio, unha forma de estrangular a iniciativa cultural dun pequeno concello como Dodro. En momentos de debilidade como os que estamos agora, unhainstitución pública que ten que velar pola cultura do país, non debe deixar abandonado un municipio pequeno nunha iniciativa de recoñecida traxectoria e de tanto impacto popular.
Eusebio Lorenzo Baleirón non merece este trato.

Por todo o anterior, esixímoslle á Xunta de Galicia, e no seu caso á Dirección de Políticas Culturais, que reconsidere a súa postura e continúe apoiando economicamente a celebración do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón para asegurar a súa continuidade.

Persoas que apoian e asinan este manifesto:
Marilar Aleixandre. Escritora e membro da Real Academia Galega.
Xosé Luís Axeitos Agrelo. Escritor e membro da Real Academia Galega.
Chus Pato. Poeta e membro da Real Academia Galega.
Xosé Luis Méndez Ferrín. Escritor.
Anxo Angueira Viturro. Escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro.
Manuel Lorenzo Baleirón. Escritor e profesor.
María Lorenzo Miguéns. Escritora.
Alba Lorenzo Miguéns. Mestra.
Pilar Pallarés. Escritora e Premio Nacional de Poesía 2019.
Cesáreo Sánchez Iglesias. Poeta e presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en
Lingua Galega.
Dolores Vilavedra Fernández. Profesora de Literatura galega da USC.
XoséLuísFreire.Músicofundadorde“FuxanosVentos”.
Anxo Quintela. Escritor e xornalista.
David Otero. Escritor, membro fundador do PEN Clube de Galicia e da Asociación Galega do
Libro Infantil e Xuvenil e da Fundación Castelao.
Inma López Silva. Escritora, investigadora e crítica teatral.
Antón Blanco Casás. Escritor e poeta, gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo
Baleirón 2019.
Yolanda Castaño. Poeta e xestora cultural.
María Comesaña Besteiros. Doutora en Filoloxía Galega e poeta, gañadora do Premio de
Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2003.
Xosé Lois Rúa Núñez. Escritor e xornalista, gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo
Baleirón 2001.
Xosé Daniel Costas Currás. Poeta e gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo
Baleirón 2009.
Xabier Xil Xardón. Docente e poeta, gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

2008.
Xabier Cordal. Escritor e profesor, gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
1993.
Míriam Ferradáns Ferradás. Poeta.
Gonzalo Hermo. Escritor, profesor e filólogo.
Estevo Creus Andrade. Psicólogo e poeta, gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo
Baleirón nos anos 1998 e 2017.
Rosa Enríquez Noya. Escritora e profesora de secundaria.
Mario Regueira. Escritor e crítico literario.
Baldo Ramos. Poeta, profesor e artista plástico.
Xosé Miranda Ruíz. Escritor e profesor, gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo
Baleirón 1995.
Carlos López Bernárdez. Escritor e profesor.
Marica Campo. Escritora.
Mariña Pérez Rei. Docente de Lingua e Literatura galega e escritora, gañadora do Premio
de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2005.
Helena Villar Janeiro. Escritora e gañadora do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
1991.
Carlos Penela. Tradutor e poeta, gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
nos anos 2000 e 2018.
Ismael Ramos. Poeta e libreiro.
Eduardo Estévez. Escritor, gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2002.
Arximiro Fernández Cabanelas. Técnico de Normalización Lingüística do Concello do
Grove.
Ana Isabel Rey Cao. Docente da Universidade de Vigo.
Paulino Vázquez. Mestre e poeta.
Lucía Novas. Poeta e profesora de ensino secundario.
Ramón Neto. Poeta e profesor de inglés, gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo
Baleirón 2014.
Serxio Iglesias. Poeta e profesor de ensino secundario, gañador do Premio de Poesía
Eusebio Lorenzo Baleirón 2012.
Manuel Outeiriño. Escritor e docente da Facultade de Ciencias de Comunicación da USC.
Marga Romero Lorenzo do Val. Escritora, crítica literaria, tradutora e profesora.
Cruz Presas. Profesora.
David Pérez Iglesias. Escritor, guionista e profesor de Lingua e Literatura galega.
Ramón González González. Funcionario da Consellería de Sanidade.
Andrés Díaz Pazos. Investigador e profesor de música en ensino secundario.
María Otero Somoza. Camareira.

Margarita Vila Cobo. Profesora de ensino secundario.
Concha Sabucedo Álvarez. Profesora de ensino medio
Belén Bermejo López. Empresaria do sector cultural e música
Laura Cortiñas. Profesora.
Carlos Álvarez. Profesor.
MarioClavell.Catedráticodebacharelatoeescritor.
Alicia Fernández. Poeta.
Fernando Fernández González. Comercial.
XinaVega.Escritoraeprofesorauniversitaria.
Iolanda Zúñiga. Escritora.
Silvia Penas. Poeta e performer.
Avelina Pérez. Creadora escénica e actriz.
Beatriz Fernández Barciela. Escritora e profesora de Lingua e Literatura Galega.
Patricia Sánchez Abeal. Funcionaria.
Ana M. Iglesias Álvarez. Profesora da Universidade de Vigo.
Cándido Duro Domínguez. Funcionario do SEPE.
Xesús R. Rodríguez. Escritor.
Raquel Méndez Fernández. Promotora en actividades editoriais.
Manuel Forcadela. Escritor e profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da
Universidade de Vigo.
Carlos Morais. Portavoz nacional de Agora Galiza-Unidade Popular
María Dolores Tobío Iglesias. Mestra de Secundaria.
Gumersindo Villamayor Martínez. Autónomo.
Kiko Neves. Contable.
Dores Tembrás. Escritora e editora.
Montserrat Dopico González. Investigadora, docente e xornalista.
Xulio Couxil Vázquez. Director do programa “Sempre en Galiza” de Rádio Cornellà.
Juan José Esperón Recarey.Parado.
Xerardo Quintiá Pérez. Escritor e axente comercial.
Beatriz Otero Solla. Mestra.
Ana Salgado Domínguez. Profesora de ensino medio.
Elvira Ribeiro Tobío. Escritora e tradutora.
Claudio Pato Díaz. Funcionario de Correos.
Emma P. Pedreira Lombardía. Escritora, gañadora do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo
Baleirón 1999.
Antom Laia Lopes. Mestre xubilado.
Olaia Chaves. Desempregada.
Susana Sanches Arins. Poeta.

M. Iolanda Rodríguez González. Profesora de ensino secundario de Lingua Galega e
Literatura.
Constantino Lago Vargas. Director de A NOVA PENEIRA.
Segundo González González. Xubilado.
Serafín De La Fuente González. Xubilado.
Eva Vila Melero. Licenciada en Dereito.
José Alberto Lago Pino. Comercial.
Marta Pérez. Creadora escénica.
Chis Oliveira Malvar. Catedrática de Filosofía e escritora.
Elisabet Ríos Liste. Profesora e escritora.
Suso Mohínos. Profesor e tradutor.
Antón Sánchez García. Deputado autonómico.
Olga Lamela Conde. Filóloga.
Marco Antonio Santos Soto. Redactor.
Beatriz P.Suárez Rodríguez. Doutoranda no programa de Estudos Lingüísticos da FFT da
Universidade de Vigo.
Manuel Martínez Sayar. Técnico de Turismo do Concello de Cuntis.
David Rodríguez. Deseñador gráfico.
Rebeca Baceiredo. Escritora efilósofa.
Isabel Blanco. Escritora.
Mónica Camaño. Actriz.
José Edelstein. Físico e escritor.
Lucía Santos Omil. Concelleira en Marín.
Xosé Henrique Costas González. Catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo.
Iago Castro. Profesor.
Carlos Da Aira Fernández. Escritor.
Berta Dávila. Escritora.
Francisco Valeiras González. Libreiro e poeta.
Eduard Velasco. Profesor de secundaria e escritor.
Iria Collazo. Profesora e escritora.
ManuelBermejoPatiño.CatedráticoeméritodeQuímicaInorgánicadaUSC.
Cristina E. Amoedo Rodríguez. Profesora de ensino secundario.
Oriana Méndez. Poeta.
Mercedes Leobalde. Filóloga e escritora.
Manuela Palacios González. Profesora.
Luisa Abad. Mestra xubilada.
Amauta Castro. Poeta e tradutor.
Elisabeth Oliveira. Poeta.

Miguel A. Neira Romero. Profesor xubilado.
Paula Pereira Carreira. Ceramista e ilustradora.
Paula Fernández Bañuelos. Ensinante de secundaria.
Tamara Andrés Padín. Tradutora e docente.
Yolanda López López. Funcionaria de xustiza.
Antón Dobao. Escritor, tradutor e cineasta.
Uxío Reinoso Mases. Historiador.
Mercedes Queixas Zas. Profesora e escritora.
Fernando Miranda Estévez. Libreiro.
David Cortizo Conde. Editor.
Ángel Ramiro Paz García. Libreiro.
Sabela Otero Gago. Ensinante.
Lorena Souto. Escritora.
Sara García Cabeza. Estudante e redactora en Balea Cultural.
Cristóbal López Pazo. Autónomo.
Rafael Balado Merino. Traballador público.
Belén López Vázquez. Editora.
Helena Fernández González. Docente.
Alberto Ardid de Cabo. Artista plástico e profesor.
Aitor Rivas. Profesor de educación secundaria.
MarianaPetitti.Mestradeeducaciónprimaria.
Xosé Manuel Martínez González. Traballador do metal.
Alexandra Fernández Gómez. Estudante.
Ana Ulla Miguel. Profesora da Universidade de Vigo.
Isaac Xubín. Escritor, gañador do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2011.
María Gloria Bouzón Caamaño. Funcionaria.
Nela Fraga Rivas. Xestora cultural.
Míriam Rodríguez Domínguez. Realizadora.
Andrea Nunes Brións. Escritora e profesora.
Blanca Gefaell. Xornalista.
Ma Purificación Pérez Leirós. Ensinante xubilada.
María Xesús Diéguez Roxo. Profesora.
Ma Jesús Suárez Núñez. Profesora.
María N. Soutelo. Docente e poeta, gañadora do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo
Baleirón 2007.
MonchaFuentes.Escritoraetradutora. José Luís do Pico Orjais. Mestre.
Teresa Rodríguez Castiñeiras. Actriz.

Outros artigos

Mellora das paradas de autobús na comarca en Dodro, Rois e Padrón

As obras de mellora da accesibilidade en 63 paradas de autobús en estradas autonómicas na zona sur de Santiago, realizadas pola Xunta cun investimento de 1,8 millóns de euros, alcanzaron xa un progreso do 25%. Estas accións forman parte dun contrato máis amplo que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...