Un total de 1.416 vehículos foron identificados e verificados nas estradas rianxeiras

06 Abril 2020

A Policía Local de Rianxo achegou hoxe un novo balance das actuacións desenvolvidas até ao agora co gallo de garantir que a cidadanía cumpre coas disposicións do Estado de Alarma, unhas actuacións que os axentes locais levaron a cabo, no termo municipal, en coordinación coa Garda Civil de Rianxo e a BRILAT, ao abeiro da Operación Balmis. As actuacións consistiron en controis estáticos e móbiles por todo o territorio do concello, con vistas a asegurar que as estadías no exterior da cidadanía e os traxectos por estrada están plenamente xustificados. Segundo informaron os axentes rianxeiros, até o de agora foron interceptados, identificados e verificados 1.416 vehículos circulando polas estradas do concello e 1 embarcación.

Ademais, identificáronse 336 persoas e verificáronse os motivos da súa presenza en vías ou espazos públicos, sendo denunciadas 73 delas e inspeccionados 8 establecementos hostaleiros sendo denunciados 2 deles por incumprir as restricións impostas.

Nos controis efectuados procedeuse ademais ao comiso de 30 gramos de marihuana e unha arma branca, sendo denunciado ademais o posuidor destes obxectos por vía administrativa, máis o titular da embarcación identificada por carecer esta de folio identificador.

No balance tamén se fai saber que se prestou auxilio, en colaboración co persoal de Servizos

Sociais de Rianxo, a 5 persoas en estado de vulnerabilidade. En total, foron atendidos durante o Estado de Alarma 996 requirimentos de información ou asistencia á cidadanía.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.