Todos os Concellos de Barbanza participan xa na iniciativa Veciño Solidario

30 Abril 2020

Os Concellos da nosa comarca (Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Rianxo, O Son, Noia, Lousame, Outes, Carnota) confirmaron estes días a súa participación na iniciativa Veciño Solidario, a plataforma de axuda a cidadáns afectados polo COVID-19 impulsada por EME Sports e coa que se pretende recadar fondos para loitar contra a pandemia. A proposta, segundo informou hoxe en detalle o Concello de Boiro, consiste nun servizo-ferramenta para facer doazóns de maneira sinxela, aproveitando o propio sistema que a empresa usa para as inscricións de probas deportivas.

Neste proxecto participan xa 45 Concellos galegos, entre os que están (como dixemos) todos os de Barbanza e Muros e Noia, e está aberto a calquera outro municipio que queira unirse.

A acción, engaden dende Boiro, consiste en tirar proveito da plataforma web que EME Sports emprega para facer as inscricións de eventos deportivos, adaptada para que calquera poida facer a súa contribución e destinala ao Concello que desexe.

Esta plataforma permite facer as doazóns de maneira segura, confidencial, sinxela e dirixida aos veciños. Cada persoa ten a opción de dirixir a cantidade que desexe ao Concello ou Concellos que decida e cada administración dirixe a contía recadada as accións sociais ou colectivos que o precisen.

O Concello de Boiro confirmou que vai empregar a cantidade recadada nas accións sociais que se realizan no municipio desde o departamento de Servizos Sociais en colaboración coas entidades locais de Cáritas e Cruz Vermella. “As entidades están a facer un labor moi importante de atención e entrega de alimentos, medicinas e bens de primeira necesidade a persoas en situación vulnerábel”, engadiron dende o Goberno boirense.

Outros artigos

“Viaxar co Imserso”. Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co Imserso, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.