Ribeira comeza a definir os grupos de traballo do plan local de desescalada para o sector servizos

28 Abril 2020

O Concello de Ribeira comezou xa a definir os participantes nos tres grupos de traballo que representando ao sector servizos van colaborar na elaboración do Plan Local de Desescalada no noso municipio.

Así, segundo se dou conta hoxe na Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do Covid-19, o grupo de traballo de turismo activo estará integrado polos responsables das empresas Geckos Surf & Surf School, Golfiño Xestión de Ocio e Cámping Ría de Arosa 2. Polo que respecta ao grupo de traballo da hostalería, integrarano en representación deste colectivo os titulares dos establecementos Otear, Ventos Vellos e Plaza. Falta por terminar de perfilar o grupo de traballo dedicado ao comercio, aínda que se prevé que as persoas incluídas na mesma pertenzan ás ramas da moda, os complementos e a perruquería.

Noutra orde de cousas, a Comisión agradeceu hoxe á empresa Urbaser a doazón de 30 máscaras de protección que, precisamente, serán destinadas ao comercio local unha vez teña lugar o desconfinamento. Tamén se destacou a colaboración da Farmacia Francisco Ruiz, que doou 100 mascarillas e 15 botes de xel.

Tocante ao reparto domiciliario de mascarillas, hoxe prosegue pola parroquia de Aguiño e, no que se refire ás denuncias formuladas pola Policía Local, nas últimas 24 horas tivo lugar unha máis un requirimento.

Ribeira Praza do Concello , durante o confinamento. Foto CPF

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.