Peñas Boiro inicia nos supermercados unha campaña urxente de recollida de alimentos

07 Abril 2020

Por mor da situación de urxencia para moitas familias en risco derivada da crise sanitaria e o Decreto de Alarma, unha circunstancia que agrava as dificultades dos fogares dos nosos concellos, Peñas Boiro Asociación Cultural vén de pór en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos con vistas a incrementar os recursos que Cáritas destina ás devanditas familias no termo municipal boirense.

A iniciativa, que recolle o fío dunha colaboración entre as dúas entidades que xa vén de antigo, céntrase sobre todo en incrementar a dispoñibilidade de produtos básicos de meirande demanda, como son o leite, o aceito de xirasol, o azucre e a fariña. Con todo, Peñas Boiro e Cáritas sinalan que calquera contribución solidaria será benvida, por pequena que sexa (sempre mellor produtos secos).

A campaña terá unha duración de dúas semanas e para levala a cabo poñerase a disposición da persoas que queiran colaborar un carro da compra perfectamente identificado nunha serie de establecementos locais, aos que a asociación agradece a súa colaboración. Trátase dos seguintes establecementos: Supermercado Eroski, Hiper Froiz, Supermercado Gadis e Supermercado Lidl.

Para poder desenvolver a iniciativa ao tempo que se respecta as normas establecidas polo Goberno central e cuxo cumprimento garanten os corpos policiais, Protección Civil de Boiro encargarase de recoller nos devanditos locais as doazóns para facer entrega a Cáritas dos alimentos para a súa xestión.

Dende Peñas Boiro AC queren lembrar que teñen en conta a “especial situación que vivimos todos” pero animan a todas as persoas que poidan facelo a participar nesta campaña “minorar as graves penalidades dos nosos veciños e veciñas máis vulnerábeis e dos máis pequenos”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Basta xa!” – José Manuel Pena

“Basta xa!” – José Manuel Pena

Cantos golpes dan as ondas, ao longo dun día, nas rochas?, cantas veces che fixo calar?, canto tempo cres que aguantarás?, desgraciadamente esta canción de Amaral está de plena actualidade. A violencia de xénero segue sendo unha materia pendente na nosa sociedade e...

“Espanto”. Xulio Xiz

“Espanto”. Xulio Xiz

Na actualidade tense endurecido a linguaxe policial e todas as actividades delictivas cualifícanse de criminais, aínda as económicas, cando os temas criminais estimábanse reducidos aos relacionados coas persoas, con danos mortais ou morais; violacións e pederastia. O...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.