Os bombeiros do Consorcio Provincial realizan tarefas de limpeza e desinfección en rúas e espazos públicos de Dodro

16 Abril 2020

Os bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, integrado pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, realizan estes días tarefas de limpeza e desinfección en rúas e espazos públicos dos concellos coruñeses.

Unha dotación pertencente ao parque comarcal de Boiro realizou esta mañá labores en Dodro de desinfección nas inmediacións e zonas de acceso ao centro de saúde, o Concello e os servizos sociais, así como en zonas transitadas coma os accesos a supermercados.

Os traballos continuarán nos vindeiros días con limpezas en lugares especilamente sensibles dos municipios da comarca coma accesos a centros de saúde ou residencias de maiores.


Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.