O Concello de Boiro prepara a súa terceira biblioteca municipal no Centro Social de Abanqueiro

23 Abril 2020

Co gallo do Día do Libro e conmemorando moitas propiedades anti-COVID da lectura en tempos de confinamento, o Concello de Boiro anunciou hoxe novidades importantes relacionadas coa cuestión. En primeiro lugar, deu a coñecer detalles do seu proxecto para dotar a parroquia de Abanqueiro dunha nova biblioteca pública municipal, que engadir á da Casa da Cultura de Boiro e á axencia de lectura de Escarabote. O Goberno local confirmou que o persoal do departamento de Cultura está a traballar xa no Centro Social de Abanqueiro para habilitar no edificio “unha nova biblioteca pública e unha sala de lectura”. Sería, como dixemos, o terceiro servizo destas características no termo municipal.

O Concello sinalou que o edificio xa contaba cun espazo destinado para este fin “pero até o de agora estábase empregando só como almacenaxe”.

Os empregados municipais están aproveitando estes días para clasificar e ordenar os libros e que o novo espazo estea listo para que o empreguen os usuarios cando o centro volva abrir despois do confinamento.

Vídeo conmemorativo

Tal e como anunciamos onte dende este medio, co gallo do Dia Internacional do Libro a Biblioteca Municipal de Boiro participa nun vídeo elaborado por 31 centros de lectura galegos, pertencentes á Rede da Xunta de Galicia.

A Biblioteca Municipal de Boiro participa tamén cos demais centros de lectura galegos na Hora do Conto, unha iniciativa que consiste en recomendar unha lectura diaria a través das redes sociais. Cada día, unha das bibliotecas é a responsábel de facer a recomendación en diferentes formatos, idiomas ou xéneros, “unha proposta coa que se pretende fomentar a lectura durante o confinamento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.