O Concello da Pobra suspende temporalmente as taxas e os impostos

16 Abril 2020

O Concello da Pobra vén de adoptar unha importante medida para mitigar os efectos negativos nas familias por mor do Estado de Alarma e a crise sanitaria e económica. Trátase da suspensión temporal de taxas, impostos e prezos públicos municipais, unha modificación do calendario fiscal do exercicio 2020 dada a coñecer este mércores 15 de abril.

A disposición foi resolta para saír ao paso dos importantes impactos económicos e sociais que está a xerar o cese forzo das actividades produtivas. A isto súmanse, informou o Concello da Pobra do Caramiñal, “as limitacións as desprazamentos da cidadanía impostas co gallo de reducir a mobilidade e a actividade nas rúas”, o que dificulta a resolución dos trámites administrativos no departamento local de recadación.

Estas son as medidas específicas acordadas: suspensión o único prazo en vigor, que é o cobro do imposto sobre vehículos de tracción mecánica; suspensión da posta ao cobro de taxas e prezos públicos; e cancelación dos procedementos de recadación por vía executiva.

O Concello engadiu que a nova data de pagamento será estabelecida mediante unha resolución da alcaldía unha vez perda vixencia o Estado de Alarma.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.