O Centro Social de Boiro ofrece un amplo programa de actividades online anti-COVID

24 Abril 2020

Non hai quen poida coas entidades sociais da nosa comarca, nin sequera un Decreto de Alarma (coas súas restricións á actividade presencial) e unha pandemia de COVID-19. O Centro Social de Boiro é un exemplo disto: un edificio coa porta pechada ao público pero fervendo de actividade virtual e argallando novas accións para cando a situación se normalice. Hoxe lanzou un comunicado no que nos lembra que boa parte da súa actividade segue adiante en formato online, a raíz do seu obxectivo de manter os servizos que sexa posíbel manter e que xa se viñan desenvolvendo antes da crise sanitaria.

Estas son as iniciativas do CS de Boiro que están operativas este mes de abril e no mes de maio.

· Formación en novas tecnoloxías da información.

A aula CeMIT de Boiro, con sede no Centro Social, segue a lanzar cursos. O vindeiro luns comeza a nova serie de accións formativas cun achegamento á ferramenta de programación e robótica Arduino, dirixido a xente nova.

· Formacións para a saúde no confinamento.

A Asociación Xilbarbeira segue cas súas clases de baile tradicional vía Jitsi (aplicación móbil de vídeo colectivo). Eva Outeiral facilitará titorías de ioga para seguir dende as nosas casas.

· Intercambio de coñecementos.

Os maiores do grupo de informática intercambiarán a través da Rede os seus coñecementos tradicionais para estes tempos de reclusión forzosa: coñecementos en horta caseira, cociña, costura, etc.

· Cruz Vermella.

O grupo boirense da organización humanitaria prosegue con servizos de atención a grupos en risco.

· Eventos culturais.

O Centro Social de Boiro colabora co Maio Vintage Market e a súa edición virtual, a deste ano 2020, que busca promover o consumo do comercio local e produtos e servizos de proximidade.

O CS de Boiro traballa tamén coa organización do Festival Olloboi, que ten unha convocatoria aberta para que a rapazada grave vídeos na casa para presentalos logo ao concurso audiovisual.

Outros artigos

Retirada dunha árbore no lugar de Fornos, no concello de Boiro

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon sobre as 9:00 horas da mañá de hoxe unha chamada na que se informaba dunha árbore caída no lugar de Fornos, en Abanqueiro, no concello de Boiro. Despois de realizar unha valoración inicial no lugar, comprobouse que...

+

A ABE entrega os premios da Campaña de Nadal

A sede da patronal de Boiro acolleu a entrega de premios da Campaña do Nadal da ABE na que clientes, comerciantes e amigos ateigaron o salón de actos na asociación. O acto abriuno o presidente da ABE, Daniel García que destacou que “nos 30 días que durou a campaña...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El final del progresismo” – José Antonio Constenla

“El final del progresismo” – José Antonio Constenla

El progresismo deshoja la margarita de su supervivencia en todo el mundo. Contemplamos su pérdida aplastante en EE.UU., en Italia, Austria, Países Bajos, Alemania y también Francia y Reino Unido están al borde del cambio político. Desde los años 90 del siglo pasado,...