ADEGA conmemora o Día da Terra cunha lectura continua de eco-poemas nas redes sociais

22 Abril 2020

Este 22 de abril celébrase a nivel mundial o Día da Terra e as asociacións ecoloxistas da nosa terra vano celebrar malia as restricións á actividade presencial do Estado de Alarma pola pandemia. Farano botando man da Internet, as redes e as posibilidades que estas ofrecen, poñendo o foco na necesidade de reflexionar nos porqués da crise sanitaria que estamos a vivir: unha crise que ten a súa orixe na destrución sistemática de hábitats onde fican latentes e locais patóxenos coma o coronavirus, libres para espallarse pola man do ser humano. As redes van ser o escenario principal das actividades de ADEGA, que celebra o 22 de abril coa iniciativa 50 Poemas de Amor á Terra.

A asociación publicará nas súas redes sociais, dende as 10.00 horas de hoxe até as 20.00 horas, medio centenar de composicións conmemorativas, creadas ou recitadas por socias, socios e simpatizantes da causa ecoloxista.

Na base da celebración atópase o seguinte manifesto resumido: “As actuais circunstancias fan evidente máis que nunca que a Terra e o medio ambiente están no centro da Vida, e que se non contamos con Ela o noso futuro será moi incerto”. Por esta razón, ADEGA convida á cidadanía galega a festexar esta efeméride expresando “a través dos seus foros e redes sociais o amor e a gratitude que senten pola Terra”.

Para facelo, a asociación fará uso do que, nas súas palabras, é “a forma de expresión por excelencia do amor”. Ou sexa, a poesía. Ao longo do día de hoxe ADEGA publicará nas súas redes sociais un total de 50 eco-poemas enviados polos seus socios e socias e simpatizantes para simbolizar o seu amor pola Terra. Os vídeos recompilatorios dos poemas poderanse ver nas contas de Facebook, Twitter e Instagram de ADEGA, e tamén na súa canle de Youtube.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.