A Policía Local de Boiro interpuxo 37 denuncias a cidadáns que incumpriron o Estado de Alarma

09 Abril 2020

A Policía Local de Boiro interpuxo nesta semana catro novas denuncias a cidadáns que incumpriron as restricións marcadas polo Estado de Alarma. O número de sancións no Concello de Boiro ascende a un total de 37 desde que se iniciou o confinamento, algunhas delas reincidentes.
Os axentes están intensificando os controis e a información á cidadanía, sobre todo nestes días festivos, para evitar posibles desprazamentos de persoas que teñan unha segunda residencia no municipio. Nos últimos días os axentes están intensificando os controis nas entradas e saídas do municipio para garantir, sobre todo, que non se fagan desprazamentos innecesarios en coche.
Co obxectivo de reducir incumprimentos do estado de alarma, os axentes intensificaron tamén e sinalización en parques e paseos públicos, balizando accesos e advertindo da prohibición de acceder aos mesmos. Neste mesmo sentido, o Concello de Boiro cortou a luz en paseos públicos aos que non se pode acceder para contribuír ao aforro enerxético e evitar tamén o incumprimento das restricións.
Protección Civil continúa tamén, durante estes días, cos controis de mascotas para garantir que todas elas teñen o microchip que obriga a lei e tamén informando á cidadanía de como deben ser os paseos durante o estado de Alarma.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.