A Pobra dota con computadores e conectividade ao alumnado sen posibilidade de teleformarse

29 Abril 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal vén de facer balance da súa loita contra a fenda dixital local motivada pola falta de recursos tecnolóxicos, formación ou conectividade das familias e agravada, a maiores, pola COVID-19 e o Decreto de Alarma, que, segundo indica o Goberno local, foi abranguendo un tempo moito maior do que estaba previsto e obrigou a facer tarefas de repaso e reforzo “por vía telemática”, dende os domicilios, dos contidos estudados até ese intre.

O resultado foi que unha boa parte dos fogares ficaron fóra deste ámbito de teleformación, “un catro por cento do alumnado do ensino obrigatorio no noso concello”, explican dende o Consistorio, que xuntou forzas (por medio da Concellería de Educación que dirixe Genoveva Hermo) cos centros de ensino para “buscar a maneira de paliar as ditas desigualdades”.

O resultado desta colaboración foi a posta a disposición das familias dos computadores cos que contan os centros educativos, que finalmente resultaron “ser insuficientes para atender toda a demanda”.

Nesta situación o Concello complementou a falta de equipamentos e tamén a ausencia da conexión á Internet facéndose cargo do préstamo de 12 ordenadores portátiles, grazas á colaboración da Concellaría da Mocidade, que cedeu os equipamentos da Casa da Mocidade. Tamén se distribuíron 27 tarxetas de datos, co seu correspondente adaptador, que darán acceso á Internet a tódolos alumnos e alumnas que están nesa situación.

O obxectivo deste traballo conxunto dos centros educativos e do Concello foi “permitir que todo o alumnado poida seguir traballando usando como recurso o ordenador e a Internet, abrindo outras posibilidades para o profesorado, que tratará de suplir con estas ferramentas a imposibilidade das clases presenciais”.

Segundo informou o Goberno local respecto da teleformación inclusiva e integradora, “poñendo os medios para que todos e todas teñan as mesmas oportunidades no acceso á educación”, foi unha “das tarefas máis gratificantes que o Concello pode levar a cabo neste momento”. O Executivo tamén agradeceu a disposición para conseguir os mellores medios para o alumnado da Pobra do Caramiñal por parte do seu profesorado.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.