Como todos os meses desde hai 19 anos, chega outro número da revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega na que celebramos a chegada ao noso número 200 salientamos numerosas informacións sobre o sector tecnolóxico e o rol que está a tomar na loita contra a COVID-19. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Entrevistamos a Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación
– O CITIC móstranos as principais frontes abertas que mantén na loita contra o COVID-19
– Manuel F. González Penedo lembra a relevancia das tecnoloxías para evitar outra pandemia
– Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, acompáñanos na celebración do nº 200
– AMTEGA e o Centro Criptolóxico Nacional fortalecen a súa colaboración
– O Goberno galego prosegue co reparto de computadores conectadores para fogares en risco
– O COETG únese ás celebracións dos dous centenares de exemplares da nosa revista
– Henrique Neira móstranos 200 grandes fitos galegos da informática e as comunicacións
– Isidro Fernández de la Calle (R) salienta a importancia das TIC para superar calquera crise
– Senén Barro lémbranos a relevancia da investigación para plantar cara ás pandemias
– Carlos Pajares celebra connosco a chegada do número 200 de Código Cero
– Fernando Suárez, presidente do CPEIG, repasa con nós a historia recente de Galicia nas TIC
– Marcos Mata, presidente do CPETIG, analiza o pasado, o presente e o futuro de Galicia nas TIC
– A Deputación de Lugo achega durante a crise sanitaria unha app para coñecer a provincia
Os populares de Ribeira reúnense cos patróns maiores para abordar medidas clave para o sector pesqueiro
María Sampedro e Manuel Reiríz mantiveron un encontro cos dirixentes das tres confrarías na sede local dos populares na tarde do martes. Dende o grupo da oposición pedirán a celebración dun Consello Local de Pesca no que se podan tratar temas de importancia para o...