A ABE pon en marcha unha campaña para dar voz ás historias heroicas do empresariado en tempos de crise

02 Abril 2020

A actividade da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) prosegue a toda vela no ámbito dixital e dando forma a todo tipo de actividades que axuden ao sector a recuperarse do actual Estado de Alarma e das medidas de restrición e confinamento. Entre estas actividades atópase a campaña online HeroesHeroínasBoiro, unha iniciativa para contar ao mundo as historias das asociadas e asociados: historias de solidariedade, fraternidade, esforzo e creatividade en tempos de crise sanitaria.

A campaña presentada este xoves 2 de abril ten a súa orixe na constatación da dura realidade pola que están a pasar os establecementos e as empresas locais en xeral: “Dende a ABE somos conscientes do durísimo momento polo que está a pasar todo o tecido empresarial, tanto os que tiveron que pechar os seus negocios como os que seguen abrindo cada día as portas para que todas e todos teñamos acceso ás necesidades básicas”. Para a ABE, engádese, “elas e eles son heroínas e heroes e por iso queremos darlles o recoñecemento que merecen”.

A primeira historia será a de Cimadevila Saúde, pero está claro que non será a última. En breve, explica a asociación boirense, “sumaráselle esa pequena tenda de alimentación que segue dando servizo a toda a veciñanza, ese comercio que tivo que gardar no almacén os seu pedidos e pechar a porta dende o primeiro momento, as fábricas que seguen a producir alimentos, o bar que veu como se lle ía a perder a súa mercancía, as farmacéuticas e farmacéuticos que seguen ao pé do canón coidándonos, os transportistas que nos fan chegar os produtos, as gasolineiras que seguen atendendo aos transportistas, e un montón de historias máis que seguro nos poden contar…”.

A ABE engade que non se trata dun concurso nin de procurar a mellor das historias, só se trata de reflectir a voz da xente e recompilar algunhas das súas vivencias neste intre de crise sanitaria, “voces que merecen ser escoitadas”.

As persoas que queiran participar poden enviar as súas contribucións ao correo info@abe.gal, de forma escrita, ou contándoa en primeira persoa en formato vídeo, as historias serán publicadas nas nosas RRSS baixo a etiqueta #heroesheroinasboiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.