Últimos datos 24 de marzo: chegamos a 39.673 contaxiados en España, un 20 por cento mais que onte. 21 falecidos en Galicia con 1.208 contaxiados

24 Marzo 2020

Os datos facilitados polo Ministerio de Sanidade elevan xa a 39.673 persoas contaxiadas das que 2.636 estan en UCIs, hai 2.696 falecidos mentres que estan curados 3.794.

En Galicia a morte dun home de 83 anos de idade que estaba ingresado no Hospital da Costa, no municipio lucense de Burela, eleva a 21 as vítimas mortais con coronavirus e a 1.208 contaxiados.

A Coruña

Diagnosticados 537; Activos 524, mortos 13.

Lugo

Diagnosticados 62, activos,59, mortos 13.

Ourense

Diagnosticados 142, activos 140 , mortos 2.

Pontevedra

Diagnosticados 448, activos 445, mortos 3.

A xornada do luns faleceran dous homes en relación á pandemia de Covid-19, un de 69 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ( Chuf) e outro de 81 anos de idade que estaba no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Ambos tamén presentaban patoloxías previas.

No que respeta a fin de semana faleceron 9 persoas en Galicia. Durante a xornada do domingo morreron en Galicia cinco persoas en relación á epidemia de coronavirus, entre elas dúas mulleres de 92 e 77 anos de idade na área de Ferrol, a primeira ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ( CHUF) e a segunda no Hospital Juan Cardona. Ambas tamén con patoloxías previas. Tamén faleceron durante a xornada do domingo outras tres persoas: unha muller de 90 anos que estaba hospitalizada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO), un home de 72 anos que se atopaba no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra e unha muller de 84 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Pola súa banda, na xornada do sábado 21 de marzo rexistráronse catro mortes relacionadas coa pandemia: unha muller de 68 anos e tres homes de 93, 81 e 74 anos, respectivamente, todos eles ingresados no Chuac e con patoloxías crónicas previas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.