Toxo Telecom planta cara ao COVID-19 con máis datos para os seus clientes e envíos aos fogares

17 Marzo 2020

Entre as empresas da nosa terra que máis poden botar unha man estes días de restricións e encerro, medidas derivadas da necesidade de conter o avance da pandemia, sitúanse sen dúbida as operadoras de telecomunicacións. Neste senso, a compañía ribeirense Toxo Telecom non está a ser unha excepción e xa dende a pasada fin de semana puxo en marcha unha serie de iniciativas para mitigar as consecuencias da reclusión e o illamento e, tamén, atender as necesidades extra de teletraballo e comunicación de boa parte da veciñanza dos nosos concellos. “A nosa idea”, sinala o equipo de Toxo, “é aportar o noso gran de area e que isto remate canto antes e sexa o máis levadeiro posíbel para as e os clientes”.

En consecuencia, e malia que oficina de Ribeira ficará até novo aviso pechada, os traballadores da empresa seguirán operativos botando man da fórmula do teletraballo, polo que se garante “que o servizo siga a funcionar con normalidade” e, tamén, “que se poida continuar sen problema atendendo aos usuarios”, a través do 602 247 247, a conta de correo info@toxotelecom.com e os sitios da operadora nas redes sociais Facebook e Instagram.

A empresa tamén acordou que todas as altas de novos clientes que se fagan recibirán a documentación e o SIM sen custe de envío nos seus fogares. A maiores, sinala Toxo, “as clientas e clientes que rematen o seu bono de datos verán como se lles aumenta, se é preciso, cun máximo de 12 GB de maneira gratuíta”.

Amais de todo que vimos de sinalar, Toxo tamén lanzou un paquete directamente encamiñado a contrarrestar as malas novas destes días: unha promoción de 19 GB de datos con chamadas ilimitadas por só 13,95 euros e, como dixemos, envío gratis á nosa casa. Esta promoción compleméntase con outra de 15,95 euros con 22 GB e cunha un algo máis completa de 18.95 euros con 32 GB de datos, ambas con chamadas ilimitadas.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.