Suspéndese o debate público electoral do Liceo Marítimo de Ribeira

13 Marzo 2020

Segue, co fin de evitar o espallamento do COVID-19, a chuvia de cancelacións de actividades con afluencia de cidadáns. Á longa listaxe de accións aprazadas estes días súmase o debate público sobre as vindeiras eleccións autonómicas que se ía celebrar no Liceo Marítimo de Ribeira, e que ía contar con representantes das diferentes formacións políticas da comarca do Barbanza (PP, PSdG, BNG, Galicia en Común, Compromiso por Galicia), co fin de tratar algúns dos asuntos que máis preocupan á veciñanza dos concellos (infraestruturas, política social, emprego, portos, pesca, etc).

Finalmente, e seguindo as recomendacións de seguridade e protección emitidas polos gobernos central e galego para evitar a proliferación da pandemia, o debate público, que ía ter lugar no Liceo o sábado 21 de marzo a partir das 11.00 da mañá, adíase para, se é posíbel, cando a situación se normalice (e no caso de que siga adiante o proceso electoral ou se aprace tamén para máis adiante).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.