Ribeira crea unha Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do Coronavirus

16 Marzo 2020

Logo das últimas instrucións e recomendacións do goberno do Estado, a Xunta de Galicia e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), o Concello de Ribeira foi escenario esta mañá dunha xuntanza coa fin de adoptar novas medidas na loita contra a pandemia do coronavirus, a primeira das cales foi a creación dunha comisión municipal de seguimento da evolución do COVID-19 que se reunirá diariamente ás 09.30 horas.

Esta comisión estará formada polo alcalde, primeira tenente de alcalde, xefe da Policía Local, responsable do Servizo de Emerxencias, xefa de Servizos Sociais, interventor e secretario xeral do Concello. Así, o rexedor avoca as competencias conferidas á xunta de goberno, aos tenentes de alcalde e aos concelleiros e non se celebrarán sesións de órganos colexiados -plenos, comisións informativas, etcétera- coa única excepción da citada comisión de seguimento.

A partir de mañá, martes 17, a comunicación coa Administración local debe realizarse de xeito telemático a través da sede electrónica municipal ou vía telefónica. De xeito especial, habilítase o número de atención 981870933 para as persoas maiores ou para persoas con dependencia funcional con necesidades de abastecemento.

Para casos de urxencia, o Consistorio atenderá, previa petición de cita por vía telefónica, en horario de 09.00 a 14.00 horas. Os servizos administrativos municipais funcionarán con porta pechada nese mesmo horario, dun modo reducido, co establecemento dos seguintes servizos mínimos: conserxería municipal, estatística, rexistro de entrada, portelo único, secretaría xeral, intervención, tesourería, informática, obras e vías públicas e cemiterios.

Igualmente, establécense servizos mínimos no que respecta a saneamento e augas e nas estacións depuradoras que garantan o correcto funcionamento destas infraestruturas, ademais de atender incidencias as 24 horas por medio de persoal de garda. No que se refire ao servizo de recollida de lixo, suprímese temporalmente o barrido nos paseos e priorízase a limpeza e desinfección de marquesiñas e contedores de apertura manual.

En canto á Policía Local e Servizo de Emerxencias (GAEM) e Protección Civil, continuarán coa prestación do seu labor de xeito ordinario, pudendo ser reforzados cando a situación o requira. A este respecto, vaise proceder á contratación urxente de catro auxiliares de policía local a través das bolsas de emprego de anteriores convocatorias.

Por outra banda, dende o Concello quérese facer un chamamento para que todas aquelas persoas ou entidades que poidan aportar mascarillas FPP2 e FPP3 se poñan en contacto co GAEM de Ribeira mediante o teléfono 981876029, tal e como xa fixo altruistamente algunha empresa da zona.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.