Rianxo publica un bando informativo sobre as medidas a adoptar fronte ao COVID-19

13 Marzo 2020

O Concello de Rianxo e a Xunta de Portavoces veñen de comunicar á veciñanza a través dun bando informativo que se van a adoptar medidas de prevención e loita contra o coronavirus. Neste senso, a partir de hoxe, venres 13, tódalas actividades municipais, deportivas, culturais e de servizos sociais quedan suspendidas durante os vindeiros 15 días, condicionado á evolución da enfermidade.

Así, veranse afectados os seguintes centros municipais: Oficina de Turismo, instalacións deportivas (pavillóns, piscina e campos de fútbol), Auditorio, centros culturais, Liceo Marítimo, Biblioteca, mercadiño e museos.

Tamén solicitan a colaboración da cidadanía para que a atención ao público nas dependencias municipais se limite a casos de extrema necesidade, chamando con anterioridade para concertar a presenza no Concello. Por esta razón, piden a realización preferente dos trámites a través da sede electrónica municipal https://sede.concelloderianxo.gal/  ou do teléfono de contacto 981860075.

Recoméndase, por conseguinte, a non celebración de actividades das asociacións e entidades durante os vindeiros 15 días, condicionado á evolución do COVID-19.

Finalmente, o Concello require dos seus veciños e veciñas a solidariedade e comprensión con estas e outras medidas, colaborando na loita fronte ao virus, atendendo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, Consellería de Sanidade e da propia Administración local, que permanecerá en constante comunicación e cooperación co SERGAS. Nesta liña, lembran non facer viaxes e desprazamentos que non se consideren imprescindibles, evitando a toda costa as zonas de máxima concentración do virus; non visitar centros de maiores, tanatorios, hospitais, centros médicos a excepción de casos de extrema necesidade; lavado con frecuencia das mans e cara con auga e xabón, e evitar todo contacto físico con outras persoas e aglomeracións de xente; e seguir as instrucións ditadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade, e no caso de ter algún síntoma contactar co 900400116.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Notre Dame”. José Castro López

“Notre Dame”. José Castro López

Francia vive días de depresión política. Un extraño “consenso” entre las extremasizquierda y derecha tumbó al Gobierno y todo indica que el presidente no tiene fácil laresolución de esta crisis, muy preocupante para Europa porque coincide con el vacío depoder en...