Reunión cos xefes de tódalas áreas do Concello ribeirense para concretar medidas para frear o coronavirus

12 Marzo 2020

O Consistorio de Ribeira será escenario mañá, ás 09.30 horas, dunha reunión de coordinación coa presenza de tódolos xefes de áreas municipais coa finalidade de, logo do estudo das que anunciou hoxe a Xunta de Galicia, concretar as medidas a implantar desde a Administración local co obxectivo de impedir a expansión do coronavirus. Así mesmo, terá lugar unha xunta de voceiros para analizar este tema.

Ditas medidas poderían pasar polo peche de infraestruturas deportivas e outras instalacións municipais, tales coma Biblioteca, Espazo Xuvenil, etcétera; así como pola redución do horario de atención ao público noutras dependencias, podendo afectar tamén á atención domiciliaria e outros servizos.

Unha vez decididas as mesmas, procederase coa súa difusión entre a cidadanía. No día de hoxe xa se tomaron algunhas decisións a este respecto: suspensión do mercadiño dos sábados, agás a parte dedicada á alimentación; ou aprazamento da exposición de gravados de Manuel Ayaso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.