Pepo Suevos abre a tempada teatral de Boiro co monólogo Sobre rodas!, este venres na Casa da Cultura

06 Marzo 2020
Pepo Suevos nunha entrevista para Ollodevidro.gal

A Casa da Cultura de Boiro vai acoller este venres 6 de marzo, a partir das 21.00 horas, un novo monólogo de Pepo Suevos, o espectáculo Sobre rodas!, destinado a público adulto. A cita, que vén da man do Concello e Ainé Producións, é un sorprendente percorrido polos temas actuais que máis tocan de preto ao autor e, por extensión, ao público que ten diante. En palabras da produtora, será unha oportunidade para ver até que punto un monologuista pode ser nun breve espazo de tempo un humorista salvaxe, un espectacular showman e “mesmo un macarra ao servizo das risas do público”.

Sobre rodas! forma parte do programa teatral impulsado esta tempada polo Concello de Boiro, moi centrado na temática do medio ambiente e nas diferentes respostas que nos achegan as artes escénicas para afrontar a crise climática e divulgar os mellores xeitos de atallala. programa de representacións teatrais, todas elas empregando o humor para empoderar e fortalecer a mensaxe medioambiental, comeza este venres con Sobre Rodas de Ainée Producións.

A selección de obras correspóndese coa programación do primeiro semestre do ano da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

O programa de representacións teatrais, todas elas empregando o humor para empoderar e fortalecer a mensaxe medioambiental, comeza este venres con Sobre Rodas! de Ainée Producións.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.