O programa teatral de Boiro porá o foco na defensa do planeta

03 Marzo 2020
Un inte de O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro

Boiro será neste punto de inflexión entre inverno e primavera un gran escenario teatral. Pero non un escenario calquera, senón un gran espazo escénico onde pór de relevo, con diferentes propostas, un dos temas que máis preocupan á nosa sociedade: o medio ambiente e como compatibilizar da mellor maneira posíbel o seu coidado co progreso económico, social e tecnolóxico. Este é o fío temático que percorre a programación teatral do Concello para os vindeiros meses, sendo o centro de operacións a Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro.

A axenda, que recolle espectáculos para público adulto e tamén infantil e familiar (e que se desenvolverán entre os meses de marzo e abril), foi elaborada tendo en conta unha das principais funcións do espectáculo teatral dende que este existe: concienciar, sensibilizar e mobilizar. “Esta arte”, explican dende o Concello, “é unha ferramenta moi poderosa que nos da a oportunidade de reflexionar de forma crítica, facilitándonos a posibilidade de analizar o que pasa ao noso redor”.

O programa de representacións teatrais, todas elas empregando o humor para empoderar e fortalecer a mensaxe medioambiental, comeza este venres con Sobre Rodas de Ainée Producións. A selección de obras correspóndese coa programación do primeiro semestre do ano da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia. O Concello de Boiro está dentro da Redes Galega de Teatros e Auditorios da Consellería de Cultura e Turismo para impulsar a distribución dos espectáculos galegos.

Programación

Venres 6 de marzo, 21.00 horas. Sobre Rodas de Ainée Producións. Monólogo cómico de Pepo Suevos para público adulto

Venres 13 de marzo, 21.00 horas. O mel non caduca de Ibuprofeno teatro. Comedia indicada para público adulto

Venres 20 de marzo, 20.00 horas. Mai Mai de Baobab teatro. Espectáculo para público infantil e familiar (+ 5 anos)

Venres 27 de marzo, 21.00 horas. Cranios Privilexiados de Mofa e Befa. Comedia indicada para público adulto

Venres 3 de abril, 20.00 horas. Lambetadas de Talía Teatro. Espectáculo para público infantil e familiar (+ 5 anos)

Venres 17 de abril, 20.00 horas. O mago de Oz de Teatro Avento. Espectáculo para público infantil e familiar (+ 5 anos)

Venres 24 de abril, 20.00 horas. Carabelas de Galeatro Producións. Espectáculo para público infantil e familiar (+ 5 anos)

Outros artigos

Boiro impulsa un Camiño Escolar Seguro cara aos centros educativos

O Concello de Boiro e a Policía Local, xunto coa comunidade educativas do CEIP Santa Baia, o CEIP Praia Xardín e o IES Praia Barraña realizaron este 24 de abril unha xornada promocional do Camiño Escolar Seguro. Na actividade participaron o alcalde, José Ramón Romero,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...