O IES Félix Muriel de Rianxo á fase final do Club de debate

04 Marzo 2020

Sete equipos de distintos institutos de Pontevedra, Redondela e Rianxo participaron no Pazo da Cultura na fase local (Pontevedra- Rianxo -Redondela) do Club de debate. Os equipos foron: IES Félix Muriel de Rianxo, IES Luís Seoane, IES Valle Inclán e dous equipos do IES Sánchez Cantón, Escintileo do Cantón e Estoxo Azul do Lérez, IES Mendiño e IES Illa de San Simón (ambos de Redondela) .

O tema arredor do que debatiron estes mozos e mozas foi “Podemos salvar o planeta”.

Os dous equipos máis puntuados en cada unha destas fases participarán na final que se celebrará en Santiago de Compostela o sábado 16 de maio, onde debaterán sobre “O futuro do galego está en nós”. O equipo con máis puntuación terá como premio unha viaxe multiaventura de fin de semana.

O Club de Debate é unha actividade das concellarías de Normalización Lingüística para desenvolver as destrezas orais da lingua galega fomentar o debate e consolidar foros de discusión sobre temas de actualidade e de interese social.

Cedida

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.