O ex-presidente arxentino Eduardo Duhalde visitou esta mañá Boiro

06 Marzo 2020

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, recibiu esta mañá na Casa Consistorial a Eduardo Duhalde, ex-presidente de Arxentina, e á súa muller, Hilda Beatriz González, máis coñecida como Chiche Duhalde, ex-senadora e quen ten ascendencia boirense. O matrimonio estivo durante a mañá no municipio, aproveitando a ocasión para reunirse co rexedor e o tenente de alcalde, José Luis Ruiz.

O mandatario local, o historiador municipal e a técnica de Turismo encargáronse de responder tódalas súas dubidas no que respecta aos principais sectores produtivos da zona, a súa historia, a súa cultura e ofrecéronlle toda a información sobre os recursos turísticos de Boiro e da comarca do Barbanza.

José Ramón Romero lembrou a vinculación do Concello boirense con Arxentina, pois durante moito tempo a Administración local enviaba axudas económicas para os galegos que residen no país. Apuntou tamén que a avenida Municipalidade de Avellaneda leva ese nome en recoñecemento á comunidade galega en Arxentina. Así mesmo, fíxolle entrega duns agasallos consistentes en libros sobre a historia do municipio e unhas láminas de Artesanía de Galicia.

Desde o Concello manifestan que Eduardo e Chiche Duhalde quedaron gratamente sorprendidos co dinamismo e a vida que hai no municipio, ademais de amosarse moi interesados en efectuar novas visitas para coñecer mellor a zona.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.