O doutor González Juanatey achega este xoves en Boiro unha charla sobre hábitos saudábeis

10 Marzo 2020
O doutor noiés González Juanatey nunha imaxe da CRTVG

Este mércores 11 de marzo temos en Boiro unha cita cos hábitos saudábeis: rutinas facilmente aplicábeis ao noso quefacer diario para termos mellor calidade de vida. Estamos a falar da conferencia É posible vivir 100 anos sen problemas de corazón, que será impartida polo prestixioso doutor noiés José Ramón González Juanatey, xefe do Servizo de Cardioloxía do Hospital Clínico de Santiago, a amais de catedrático de Medicina da USC. A cita será ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Boiro. Porén, segundo informou o Concello, as entradas xa están esgotadas.

O doutor e investigador José Ramón González Juanatey é un dos máis referenciais expertos en saúde cardiovascular da nosa terra, sendo ben coñecidas as súas informacións sobre como garantir e asegurar a saúde cardiovascular en persoas de idade, aínda que poñendo o foco nas metodoloxías preventivas que se poden poñer en marcha dende moito antes de chegar á vellez. González Juanatey é un firme defensor das vantaxes dunha vida saudábel onde resultan fundamentais unha dieta axeitada, a actividade física e unha día a día libre de tabaco e outras substancias prexudiciais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.