O Concello de Boiro suspende o cobro de impostos

19 Marzo 2020

O Concello de Boiro, seguindo as medidas decretadas polo Goberno central, informa de que se apraza o cobro do Imposto sobre Bens Inmobles que estaba previsto para o 20 de marzo.
Estas medidas veñen recollidas no Real Decreto do 14 de marzo para a suspensión de diversos prazos administrativos. Deste xeito anúlanse de maneira urxente os envíos ao cobro do IBI en inmobles urbanos e rústicos. O prazo voluntario para o pago deste imposto estaba previsto que comezara
neste mes e queda aprazado ata novo aviso.
Ademais destas medidas este venres vaise celebrar, mediante videoconferencia, unha Comisión de Valoración Económica con representantes dos empresarios boirenses para comezar a traballar en medidas de reactivación da economía despois de que finalice o Estado de Alarma, co obxectivo de axudar á promoción económica do comercio e empresariado local que se ve afectado por esta crise sanitaria.

Consistorio de Boiro

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.