O thriller do vapor-correo Santa Isabel estrease o 29 de maio co titulo”La isla de las mentiras”

01 Marzo 2020

A película “La Isla de las mentiras” dirixida por Paula Cons, estrearase en Ribeira o próximo 29 de maio. O film utiliza como base o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel acontecido o 2 de xanero do 1921 e do que se van cumprir 100 anos. Neste tráxico suceso morreron 213 persoas e salvaronse 53.

Aínda que arranca en Sálvora durante o naufraxio, o argumento é unha ficción novelada que non narra os feitos reais do acontecido aínda que os usa como referencia.

Precisamente este 1 de marzo fai un ano que se presentou no Museo Municipal de Ribeira o proxecto da grabación da película que se iniciaría tres dias despois baixo o título inicial de “Santa Isabel” si ben posteriormente cambiouselle o nome.

Presentación do inicio da rodaxe da película hai un ano no Museo Municipal de Ribeira

A película desenvolve a historia na Illa de Sálvora, aínda que está gravada en Muros, O Grove, Santiago, Arzúa e Oza dos Rios amais de en Ribeira. Trátase dun thriller escrito pola directora da película Paula Cons. O film conta con Nerea Barros, Dario Grandinetti e Aitor Luna como actriz e actores principais.

Fotograma da película “La Isla de las mentiras”

A película de 90 minutos de duración foi producida por Agalla Films e será distribuida nas carteleiras por Filmax contando con versión en galego e castelán. Entre outras institucións colaboraron o Concello de Ribeira, Xunta de Galicia, Goberno Vasco, A Deputación da Coruña, AGADIC. Ministerio de Cultura e as Televisións de Galicia, Vasca, RTVE, INCAA de Argentina e O ICo entre outros.

Fotograma da película “La Isla de las mentiras”
Fotograma da película “La Isla de las mentiras”

Paula Cons falou para O Barbanza recen rematada a gravación da película salientando que “O interesante do filme son as mulleres e a illa de Sálvora” 

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Arde un vehículo na saída da AG-11 en Boiro sen causar feridos

Un incendio nun vehículo obrigou a intervir aos bombeiros do parque provincial de Boiro arredor das 18:42 horas, despois de que o 112 Galicia alertase dun lume na saída 24 da AG-11, no termo municipal de Boiro. O incidente tivo lugar no aparcadoiro de Espiñeira, onde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.