Interrómpese o servizo do Punto Limpo da Pobra e a recollida de utensilios e mobiliario

27 Marzo 2020

Por mor do estado de alarma e das restricións derivadas do mesmo, o Concello de Pobra vén de informar do peche do Punto Limpo local e da suspensión do servizo de recollida de mobiliario e utensilios, unha medida que estará vixente até que a situación se normalice. O Concello tamén fai saber que o persoal da empresa concesionaria está a realizar o servizo básico de recollida de lixo. En base a estas medidas, recoméndase á veciñanza que non carrexe utensilios dende os seus fogares á rúa, e que agarden a que se levante o estado de alarma para poder facelo.

A razón da suspensión do servizo radica na necesidade de manter a seguridade sanitaria e a protección do persoal, ao tempo que se reduce igualmente a probabilidade de contaxio da propia cidadanía. O Concello apela á “boa vontade da xente” e á “obriga de confinamento”, para non deixar utensilios e mobiliario nin na rúa nin formando vertedoiros incontrolados no monte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.