En marcha en Rianxo un servizo para levar comida e medicamentos a persoas vulnerábeis

18 Marzo 2020

Debido á situación excepción do estado de alarma decretado polo Goberno central para pór freo ao avance imparábel do COVID-19 e por mor da imposibilidade que teñen moitas persoas en situación de dependencia, de mobilidade reducida e de vulnerabilidade para levar a cabo a habitual adquisición de medicamentos, alimentos e produtos de primeira necesidade, o Concello de Rianxo puxo en marcha un servizo de axuda para estas veciñas e veciños do termo municipal destinado a atender as súas necesidades básicas de adquisición de produtos.

As persoas que por diversos motivos non podan ou non deban saír da casa para desprazarse para obter estes produtos de primeira necesidade, poderán chamar aos teléfonos habilitados:

· De 8 a 14 h: Servizos Sociais: 981 860 061

· De 14 a 22 h: Policía Local: 901 860 065

· As 24 horas: ​​​​​​​ABAS – Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade: 696 058 821

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.