Dodro presenta a iniciativa “Rosalías da Vida”coa que conmemorará o Día Internacional da Muller

03 Marzo 2020

Representantes dos concellos que forman parte da Ruta Rosaliana xuntáronse na Casa do Concello de Ames para a presentación da andaina Rosalías da Vida, que se celebra o próximo domingo 8 de marzo. A saída será dende Lestrobe, en Dodro, ás 9.00 horas, e rematará as 18.00 horas coa chegada ao acto institucional que se realizará na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela facendo un percorrido de 20m quilómetros. O obxectivo é conmemorar o 8-M tendo presente a Rosalía de Castro, unha muller que marcou un antes e un despois na nosa historia. A andaina que organizan os concellos da Ruta Rosaliana (Ames, Brión, Dodro, Padrón e Santiago) terá unha distancia de 20 quilómetros e está destinada para todos os públicos.

As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata este xoves, 5 de marzo, para formalizar as inscricións. Según informan desde a organización, pódese enviar un correo electrónico a servizos_sociaisberta@concellodeames.gal ou tamen facela chamando ao número 981 890 964.

Representantes dos concello da ruta rosaliana presentando a andaina “Rosalías da Vida”. Foto cedida

Outros artigos

O Concello de Dodro activa as Escolas Deportivas Municipais 2026-2027

As Escolas Deportivas Municipais de Dodro correspondentes ao curso 2026-2027 abren esta semana o seu prazo de inscrición, concretamente o mércores 9. Trátase dun programa de actividades que ofrece unha alternativa de ocio para a poboación, buscando xeitos de mellorar...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.