Detido un pobrense como presunto autor de dous delitos de furto de uso de vehículo a motor e tres de roubo con intimidación en grao de tentativa

02 Marzo 2020

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a unha persoa como presunto autor de dous delitos de furto de uso de vehículo a motor e tres delitos de roubo con intimidación en grao de tentativa.

Os feitos sucederon a finais da pasada semana cando, en Escarabote, unha furgoneta permanecía acendida mentres o seu condutor facía o reparto, momento que aproveitou o detido para introducirse nela e marchar do lugar. Unha vez chegou á Pobra do Caramiñal, abandonou o referido vehículo e furtou outra furgoneta de reparto, atopándose esta apagada, pero coas chaves no interior da guanteira.

Tras o furto deste vehículo, dirixiuse ao lugar de Virxe do Monte, onde tentou roubar o bolso dunha muller do interior dun automóbil. Despois do forcexo, marchou do sitio sen lograr o seu obxectivo.

Posteriormente, o individuo dirixiuse á zona do cemiterio da mesma localidade, onde tratou de roubarlle a carteira a un varón, ameazándoo cun obxecto apoiado no seu costado, conseguindo a vítima zafarse de el.

De seguido, o detido desprazouse a Ribeira, onde abandonou a furgoneta e subiu a un taxi, solicitándolle ao condutor que o levase ao lugar de Montañó. O taxista trasladouno ao sitio solicitado, indicándolle o viaxeiro que continuase un pouco máis, ao que o condutor lle respondeu que por alí non había vivendas. Nese momento, o detido agarrouno polo pescozo e esixiulle que lle entregase todo o diñeiro que levase enriba, recibindo unha negativa por parte do taxista, comezando entón un forcexo que rematou coa fuxida do ocupante cara ao monte.

A Garda Civil puxo en marcha un amplo dispositivo para a localización e detención desta persoa, logrando o obxectivo tras identificar nas proximidades de Montañó a un varón cuxas características físicas e vestimenta concordaban coas descricións facilitadas polos denunciantes.

A Benemérita procedeu á detención desta persoa como presunto autor de dos delitos de furto de uso de vehículo a motor e tres delitos de roubo con intimidación en grao de tentativa. Ademais, recuperáronse tódolos obxectos e vehículos subtraídos.

O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.