CONGALSA recibe o premio RSE da Xunta de Galicia a mención e á conciliación

04 Marzo 2020

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nos Premios Responsabilidade Social Empresarial de Galicia, 2019, que se entregaron en Santiago. Entre os galardoados está a empresa CONGALSA de A Pobra do Caramiñal que recibiu a mención á conciliación​​, uns galardóns que teñen o obxectivo de mostrar e reivindicar publicamente o labor daquelas empresas que adoptan principios e prácticas de responsabilidade solidaria na súa xestión e na súa actividade diaria. O palmarés final destes recoñecemento tivo unha importante presenta das empresas innovadoras da nosa terra, entre as que se inclúe a pobrense CONGALSA . Centrada en produtos do mar conxelados e moi envorcada en metodoloxías intelixentes de xestión e produción que exportar a todo o sector alimentario galego (en colaboración con Gradiant e a través do proxecto CONGALSA 4.0).

O Premio á RSE de Galicia na categoría de pequena empresa foi dar a Tecalis, firma consultora e desenvolvedora TIC con sede en Milladoiro (Ames), e o mesmo galardón na modalidade de gran empresa recaeu en Altia Consultores, con sede en Oleiros centrada en servizos de consultora estratéxica e tecnolóxica, principalmente.

Tamén foron distinguidas, na modalidade de mediana empresa, as firmas Ledisson (especializada en sistemas avanzados de automatización industrial, con sede no Porriño) e a compañía de transporte Empresa Monforte SAU.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asiste á entrega dos premios RSE. No Hotel Monumento San Francisco foto xoán crespo
Galadoados cos premios RSE . foto xoán crespo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...