Concello e ABE traballan conxuntamente en medidas para a reactivación económica de Boiro

20 Marzo 2020

O Concello de Boiro celebrou esta mañá unha Comisión de Valoración Económica para tratar as medidas que se van levar a cabo, tanto a curto coma a longo prazo, para paliar os efectos ocasionados polo Estado de alarma no comercio local. Na xuntanza participaron o alcalde José Ramón Romero; o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo; a súa homóloga de Cultura, María Outeiral; o presidente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), Daniel García; e o xerente da entidade, Tomás Estévez.

O primeiro que se acordou foi a creación dunha mesa de traballo formada polo rexedor, o edil de Comercio, e o presidente e xerente da ABE, así como persoal administrativo do propio Concello. Dito organismo servirá para comezar a traballar nas medidas que se poden levar a cabo para axudar á promoción económica do comercio local despois de que se decretase o Estado de alarma.  

Outra dos puntos a abordar foi o relativo ás taxas. A este respecto, primeiramente efectuarase un estudo de tódolos impostos que se tramitan na Administración local para avaliar cales se poden aprazar ou reducir co obxectivo de axudar aos empresarios locais, especialmente aos propietarios daqueles negocios que teñen que permanecer pechados e que non están obtendo ingresos, a paliar os efectos da interrupción da actividade.

Así mesmo, nesta primeira xuntanza realizáronse propostas por parte das dúas entidades para traballar en conxunto, centrándose non só en axudas económicas, senón que tamén engloban flexibilidade en horarios de apertura, colaboración en actividades de dinamización económica ou promoción de iniciativas, entre outros. Unha serie de actuacións que aglutinan ao tecido social, cultural e ao comercio para a promoción económica do municipio boirense.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.