Cancelados os Cafés feministas da Pobra do Caramiñal

13 Marzo 2020

Por mor da pandemia de COVID-19 que estamos a sufrir, non deixamos de encadear na comarca un evento suspendido tras outro, non só os relativos a esta fin de semana na que entramos, senón tamén os previstos para os días vindeiros. Algunhas destas actividades tiñan unha especial relevancia, sobre todo porque formaban parte do programa de conmemoracións do Día Internacional da Muller impulsado polos nosos concellos. É o caso da iniciativa Cafés feministas da Pobra do Caramiñal que logo da primeira sesión do 7 de marzo, a xornada Sexualidade dende o bo trato, a cargo de Sabela Maceira e Melisa Silva, xa non vai ter, polo de agora, continuidade.

O segundo faladoiro estaba programado para este sábado 14, a cargo da artista e docente Andrea Jambrina, quen ía falar de A Memoria Omitida: Mulleres na arte. As sesións programadas para as seguintes fins de semana (O movemento feminista en Galicia, de Sara Outeiral, o 21; e Tecendo a Rede Lila, o 28, a cargo da psicóloga Paula Tubío), fican adiadas até novo aviso, segundo informou o Concello da Pobra do Caramiñal dende o seu Facebook. As posíbeis novidades sobre outras datas previstas das actividades canceladas por precaución sanitaria, que se ían celebrar na aula de estudo do ISM, serán comunicadas polo Concello en canto a situación se volva normalizar.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.