Boiro toma medidas preventivas fronte ao coronavirus

13 Marzo 2020

Ante a situación sanitaria actual, o goberno local de Boiro decidiu adoptar unha serie de medidas preventivas que atinxen a toda a actividade, sexa da índole que sexa, e que se realiza en calquera das instalacións municipais. A vixencia esténdese desde hoxe, venres 13, e durante un período de 15 días, sempre suxeito á evolución da enfermidade ou ás decisións tomadas polas autoridades sanitarias autonómicas ou estatais.

Ditas medidas, recollidas nun decreto que se lle fixo chegar a tódolos traballadores municipais, abranguen diversos aspectos.

A atención ao público será exclusivamente telefónica en tódolos departamentos dependentes do Concello; e a presencial quedará limitada a casos de extrema necesidade e sempre con previa cita solicitada.

Tódolos centros sociais e culturais e tódalas instalacións municipais permanecerán pechadas, incluíndo as deportivas coma os campos de fútbol, polideportivos e complexo deportivo de A Cachada. Ademais, as actividades culturais, deportivas, sociais ou de calquera outra índole, sexan organizadas polo Concello ou celebradas en instalacións municipais, quedarán canceladas.

Tamén quedan suspendidos os cursos de formación e outras actividades dependentes da Administración local ou celebradas en dependencias municipais, tales coma clases de baile, música, pintura, costura, etcétera.

As cafeterías dos centros sociais municipais permanecerán abertas, pero cun límite de aforo dun terzo da súa capacidade. O que si se suspenden son tódalas citas que se celebran nestes espazos.

Por outra banda, o mercadiño dos martes queda limitado, dispoñéndose unicamente dos postos de venda de produtos de alimentación; mentres que o mercado municipal (praza de abastos) permanecerá aberto pero co aforo limitado a 50 persoas como máximo.

Ademais, as Bibliotecas municipais (A Cachada e Escarabote) permanecerán abertas exclusivamente para préstamo e devolución de libros, polo que non se permite a estancia e aglomeración de persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.