As lonxas terán que reducir a actividade presencial e as poxas limitarse a 50 persoas

16 Marzo 2020

A Consellería de Mar quere garantir que as medidas urxentes do Goberno central para frear o avance do COVID-19 sexan cen por cen efectivas no ámbito pesqueiro: nas lonxas, nas armadoras, nos buques e no sector marisqueiro. Por este motivo, envioulles a estas entidades e colectivos unhas recomendacións que “reforzan medidas de prevención” e que complementan as xa establecidas previamente pola Xunta. A intención é “manter a actividade con todas as garantías nun sector fundamental para asegurar o abastecemento de alimentos de calidade”, explicou a Consellería. En concreto, aconsella ao sector reducir a actividade presencial nas lonxas, limitar a asistencia ás poxas a 50 persoas e impedir a presenza nelas de persoas alleas ao comercio de produtos do mar.

Amais, Mar recomenda á frota que realice controis á tripulación previos ao seu embarque para asegurarse de que non teñen a doenza e insta a chamar ao Centro Radio Médico en caso de sospeitar da existencia dun positivo a bordo. Tamén insta a “non realizar actividades marisqueiras a aquelas persoas máis vulnerábeis por motivos de saúde ou que teñan menores ou maiores ao seu cargo”.

As lonxas

En relación ás lonxas, a Consellería do Mar sinala que se deben reducir as actividades presenciais recorrendo aos medios telemáticos e telefónicos na medida do posíbel, medida que se estende tamén aos trámites coas oficinas administrativas das rulas. Ademais, limita o acceso á lonxa coa prohibición de entrada a toda persoa allea á operativa e comercio de produtos frescos do mar.

Poxas

No caso das poxas, a Xunta limita a asistencia a un máximo de 50 persoas e establece que a presenza durante a súa celebración debe ser “a mínima imprescindíbel” co obxectivo de evitar as concentracións de xente e aplicando sempre as medidas de distanciamento entre persoas que se establecen nas recomendacións sanitarias.

Hixiene

A Consellería do Mar aconsella “incrementar o nivel de limpeza e desinfección de todas as dependencias das lonxas” así como “aumentar a dispoñibilidade de lavamáns ou dispensadores de limpadores desinfectantes nas zonas de poxa e pesada das capturas”.

Recomendacións a bordo

Aconséllase realizar controis previos ao embarque para verificar que os tripulantes non tivesen contacto de primeiro grado con algunha persoa afectada pola enfermidade, caso no que se optaría por aprazar o seu embarque. Tamén se solicita a comprobación de ausencia de sintomatoloxía (febre, tose e problemas respiratorios) nos traballadores e que se recorde á tripulación a conveniencia de non embarcar en caso de ter síntomas ou especial sensibilidade á incidencia do coronavirus.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.