Arousa Norte conmemorou o Día Internacional da Muller

09 Marzo 2020
Cedida por Mulleres en Acción

Os municipios de Arousa Norte sumáronse ao Día Internacional da Muller con numerosas actividades enfocadas na sensibilización, concienciación e reivindicación. Actos organizados tanto polos propios Concellos coma por diferentes colectivos feministas da comarca.

Por exemplo, a boirense praza do Concello deu cabida a unha Verbena feminista da man de Unión de Muchachas, tendo lugar a lectura dun manifesto e actuacións musicais por parte de mulleres; mentres que as rúas da Pobra foron escenario dunha batukada feminista.

En Ribeira, a cita convocada por Mulleres en Acción para a pintura colectiva dun mural feminista non se puido levar a cabo por mor da chuvia, pero si tivo lugar a colocación dunhas ás de pedra, realizadas polo escultor José Caamaño, no monumento das Amas de Casa. Ademais, procedeuse á lectura dun manifesto e fixeron unha petición ao Concello para que as ás poidan perpetuar debido ao seu simbolismo de liberdade e dun futuro cen por cen igualitario no que á práctica dos coidados se refire, hoxe en día levados a cabo principalmente polas mulleres.

Debido á importancia desta data, decidiuse elaborar unha ampla programación que se estendese a máis días do calendario de marzo: homenaxe efectuada en Ribeira ás condutoras e transportistas; os Cafés feministas programados na Pobra; as charlas en Boiro; ou as lecturas en feminino en Rianxo.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.