Os actos das Mulleres de Barbanza polo 8 de mazo inclúen un mural colectivo e un acto reivindicativo no monumento ás Amas de Casa

06 Marzo 2020

A Asociación de Mulleres da Barbanza vén de achegarnos máis detalles sobre a súa celebración deste domingo: unha xornada reivindicativa e creativa para conmemorar, en Ribeira, o Día Internacional da Muller Traballadora. A mobilización, como dixemos os días pasados, comezará ás 11 horas na praza de España. Amais da concentración neste emprazamento, á que se convoca a participar ao meirande número de familias de Ribeira e da contorna, haberá unha pintada colectiva de murais e, sobre as 12.45 horas, unha marcha cara a monumento das Amas de Casa da localidade, onde se colocarán unhas ás como símbolo de liberdade e dun futuro cen por cen igualitario no que á práctica dos coidados se refire, hoxe en día levados a cabo principalmente polas mulleres (e sen recoñecemento social e económico de case ningún tipo).

Logo da colocación das ás, procederase á lectura dun manifesto.

O lema

O lema desta convocatoria do 8 de marzo será o seguinte: Sen coidado non hai vida, mudando o sistema, derrubando o patriarcado. Mulleres da Barbanza adhírese de maneira integral a esta reivindicación para “poder compatibilizar os coidados co traballo remunerado, unha necesidade que reclamamos dende o século pasado e que aínda a día de hoxe non é unha realidade”.

Murais colectivos

A cita convocada por Mulleres do Barbanza céntrase na praza de España de Ribeira, onde se levará a cabo un acto reivindicativo (de 11 a 13 horas) e máis a lectura do devandito manifesto. Previamente á lectura traballarase colectivamente na elaboración de murais feministas na contorna da devandita praza. Están chamadas e chamados e participar non só as mulleres de Ribeira e da comarca, senón tamén familias enteiras co fin de acadar a máxima repercusión (“toda a veciñanza en xeral para aportar o noso grao de area no pintado dos murais”).

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.