Aquafit e o Concello de Rianxo achegan á veciñanza unha app para estar en forma durante o confinamento

25 Marzo 2020

O Concello de Rianxo e Aquafit, xestora en concesión da Piscina Municipal, veñen de xuntar forzas para facer máis levadío o estado de alarma as veciñas e veciños e para axudalas e axudalos e manter rutinas saudábeis malia o confinamento forzoso derivado do avance da pandemia. En concreto, Aquafit e o Concello achegaron unha aplicación de balde para móbiles que axuda aos usuarios a adestrarse e manterse en forma dende a casa. A aplicación, froito dun acordo entre as dúas entidades, posibilita o acceso a máis de 300 clases virtuais que se ponde realizar dende o fogar de cada quen a calquera hora do día.

Desde BeOne, grupo empresarial ao que pertence Aquafit, explican que “non é o momento de volverse sedentario. A actividade física fainos estar máis sans e fortes e é crucial para aliviar a tensión que poida causar o confinamento”.

Polo que se refire ao Servizo Municipal de Deportes de Rianxo, fixo saber que o exercicio físico é unha das principais armas das consecuencias da reclusión: “O movemento é unha vacina imprescindíbel ante os efectos nocivos para a saúde do confinamento, tanto a nivel físico como mental ou fisiolóxico”.

Por todo o devandito, o Grupo BeOne e o Concello de Rianxo abriron esta iniciativa a toda a veciñanza de Rianxo ofrecendo, de xeito libre e gratuíto, a posibilidade de acceso á aplicación de BeOne.

Como usar a ferramenta

Para dar uso á aplicación temos que rexistrarnos na páxina web beone.es/behome e obter as claves de acceso, co que podemos empezar xa a facer exercicios dende o fogar. Ademais, se queremos ampliar o abano de actividades a desenvolver, desde a conta de Instagram oficial de BeOne (beone_fitness_sport) impártense a diario clases en directo e en aberto de todo tipo de disciplinas: pilates, baile, tonificación… Ademais dispoñen de actividades orientadas ás familias e a persoas maiores.

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.