A feira boirense Maio Vintage pecha fileiras contra o COVID-19 co manifesto Haberá primavera

26 Marzo 2020

O Maio Vintage, a feira de artesanía e creatividade de Boiro, segue adiante adoptando novas fórmulas de comunicación e desenvolvemento malia as restricións que está a impoñer o estado de alarma decretado polo Goberno central. Podemos velo no Facebook propio da feira, impulsada pola plataforma Creaturas, que se presenta estes días como un laboratorio de ideas para levar a práctica cando todo se pon en contra do comercio e a artesanía.

Os preparativos online da nova edición da feira, que se celebraría o 2 de maio no caso de que a situación volva á normalidade, veñen acompañados dun manifesto asinado por unha manchea de obradoiros e establecementos locais: o manifesto Haberá primavera por un novo modelo de consumo (Cando todo isto pase).

O texto, asinado dende múltiples frontes, é un tratado do positivismo que, malia non solucionar os problemas que ten e terá o sector por mor da crise pandémica, é unha relevante contribución ao optimismo: “Sairemos desta, estamos seguras. Por iso queremos adicar un ratiño a pensar como sairemos, a imaxinar o lugar que nos gustaría habitar cando todo isto pase. Ese lugar é parecido ao que sempre defendemos dende o noso colectivo e dende a filosofía do Maio Vintage, unha filosofía participativa e implicadora, onde unha comunidade de persoas diversas, autoorganizámonos dende a liberdade e a alegría que nos dá o exercicio da cidadanía activa, a comprometida…”.

Os días pasados a organización da feira comezou no Facebook a súa nova campaña de promoción do comercio e a creatividade local. E fixérono lembrando “os 7 millóns de personiñas que están confinadas na casa facendo moitos deberes polo classroom”. A todas elas adicáronselles recursos para o lecer e para facer máis levadía a reclusión: propostas de estimulación de Maria Magan Lampon, creatura fundacional e xerente de La doce, de Antoxo De Toxo, de Enpunto de Susana Diz e de A gata moscovita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...