A Deputación suspende os embargos, as providencias de apremio, as subastas e calquera tipo de notificación executiva. Apraza o cobro do Imposto de Vehículos en Dodro e O Son

26 Marzo 2020

A primeira campaña de recadación de 2020, que comezaba este mes e que inclúe o Imposto de Vehículos (IVTM) e outras taxas, aprázase ata despois do 30 abril.

Tamén quedan suspendidos ata finais de abril todos os embargos, as providencias de apremio, as subastas e a execución de garantías, así como calquera tipo de notificación executiva dos servizos tributarios provinciais.

O presidente provincial González Formoso afirmou que, “A crise sanitaria do Covid-19 conleva tamén un importante impacto económico para moitas empresas, autónomos e familias. A nosa prioridade en materia económica seguirá sendo protexer o tecido produtivo e social da provincia e intentar minimizar o seu impacto nas empresas e na cidadanía, tratando que os efectos sexan transitorios”, que lembrou que ademáis deste aprazamento tributario, que se prolongará se fose preciso, a Deputación mantén o “pago puntual aos seus provedores e contratistas como un dos servizos esenciais que deben funcionar ao 100% durante este período”.

Neste sentido, cabe destacar que grazas á rápida adaptación telemática da administración provincial, todos os servizos funcionan con normalidade e os pagos estanse realizando nos prazos habituais, polo que a Deputación da Coruña segue a ser unha das administracións con menor período medio de pago a provedores do Estado.

A Deputación adianta máis de 38,4 millóns de euros aos concellos

Estas medidas de aprazamento tributario non suporán unha merma económica para os concellos coruñeses, xa que a Deputación realizou xa anticipos a conta aos municipios que delegan a súa recadación na institución provincial por importe de 38.417.077 euros, que correspoden aos ingresos previstos polos concellos ata o mes de maio. 

Estos adiantos, sen xuros para os concellos, permítenlles ter liquidez para afrontar os seus pagos durante este período.

Prazos prorrogados

A Deputación da Coruña lembra que para os procedementos iniciados con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto Ley 8/2020, é dicir, os iniciados con anterioridade ao 18 de marzo, suspéndese tamén o prazo ata o 30 de abril .

As liquidacións, autoliquidacións, providencias de apremio e demáis actos da área tributaria que dean lugar a un pago e que xa estiveran notificadas, pero sen ter concluido os prazos de pagamento, prorróganse tamén ata final do mes de abril.

Para calquera dúbida ou consulta, a Deputación mantén aberto o Servizo de  Atención ao Contribuínte a través do teléfono gratuíto 900 132 204 e do email atencion.tributaria@dacoruna.gal, así como a Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual/) na que se poden realizar trámites, consultas e xestións as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Palacio da Deputación de A Coruña

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.