A Deputación reforza o servizo de Teleasistencia

20 Marzo 2020

A Deputación da Coruña reforza estes días o contacto coas 2.483 persoas maiores da provincia que hoxe en día son usuarias de Teleasistencia, un servizo que afirman estar funcionando con normalidade, aínda que se está a facer un especial esforzo no contacto periódico cos beneficiarios e beneficiarias para verificar o seu estado de saúde e transmitir información sobre a importancia de manter determinadas normas hixiénico-sanitarias e de distanciamento social que contribúan a frear a propagación do coronavirus.

O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, manifestou que “o servizo de Teleasistencia da Deputación está funcionando a pleno rendemento para dar tranquilidade aos nosos maiores que viven sos e ás súas familias, que saben que teñen a alguén ao outro lado do botón vermello as 24 horas do día, os 365 días do ano” e expresou o seu agradecemento aos traballadores e traballadoras polo “importante labor que están desempeñando para acompañar os maiores coruñeses durante esta crise sanitaria.”

O goberno provincial lembra que aínda é posible tramitar novas altas no servizo de Teleasistencia que a Deputación da Coruña presta de xeito gratuíto nos concellos con menos de 50.000 habitantes. As novas altas tramitaranse a través dos Servizos Sociais municipais, en base ás circunstancias sociais e persoais da nova usuaria ou usuario.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.