A Biblioteca de Boiro dá facilidades para seguirmos lendo durante o confinamento

23 Marzo 2020

As veciñas e veciños que por mor da declaración do estado de alarma e do peche dos edificios públicos non tiveran ocasión de devolver os seus préstamos na Biblioteca Municipal de Boiro, a dirección do centro vén de emitir un comunicado no que se lles comunicaba que até que remate a corentena non terán, por suposto, obriga de facelo. Ou sexa, se todo vai ben, até mediados deste mes de abril. Ademais, a Biblioteca lembra que para conseguir un confinamento de lecer, enriquecemento e lectura, nada mellor que conectarnos estes días a plataformas como GaliciaLé (https://www.galiciale.gal) e atopar libros de balde para todas as idades, revistas, audiolibros e películas.

Co fin de permitir a máxima incorporación das familias ao servizo, a Rede de Bibliotecas de Galicia habilitou a posibilidade de dárense de alta desde a casa e acceder así ao catálogo da Biblioteca Dixital na Rede. “Desde aí empréstanse libros electrónicos aos socios/as da biblioteca, e, senón estamos dados de alta, podemos facelo dun xeito provisional mentres dure a corentena”, explica o centro boirense, dándonos conta de todos os pasos que se requiren para facelo.

O devandito comunicado da Biblioteca de Boiro únense aos máis recentes dos centros de Rianxo e Pobra do Caramiñal, que advertiron os días pasados que todos os materiais (libros, filmes, discos) que as usuarias e usuarios teñan retidos nos seus fogares e tiveran data de vencemento estes días quedarán prorrogados de maneira automática até o remate do estado de alarma.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.