A adaptación galega de O mozo da última fila, fraguada en Rianxo, estréase en Santiago en abril

10 Marzo 2020

A compañía Redrum Teatro, trala súa residencia creativa de case un mes no Auditorio de Rianxo e tralos intensos e pormenorizados ensaios que acompañaron a preparación de O mozo da última fila, vai estrear en Santiago, os días 16 e 17 de abril no Teatro Principal, a revisitación do célebre libreto de Juan Mayorga.

Coa dirección de Alex Sampayo, contará cun elenco integrado por Roberto Leal, Guillermo Carbajo, Rubén Porto, Belén Constenla, Mónica García e Machi Salgado.

Será a primeira adaptación ao galego dunha obra do reputado autor teatral Juan Mayorga, neste caso concreto O mozo da última fila, un cáustico achegamento a un dos impulsos máis comúns do ser humano, a curiosidade pola vida dos demais, e como estes comportamentos compartidos poden chegar a cambiar a vida das persoas.

Logo da súa estrea en Compostela, a representación continuará a súa xira no Pazo da Cultura de Narón o 25 de abril e no Salón Teatro de Lalín, o 15 de maio. Redrum, ademais de dispor da importante colaboración do Concello de Rianxo, conto para este proxecto co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a través das liñas de axuda á creación escénica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.