Unha Andaina Solidaria chega a Boiro para concienciar sobre o alzhéimer

19 Febreiro 2020

O municipio boirense acollerá a primeira edición da Andaina Solidaria que, baixo o lema Por Boiro, polo alzhéimer, organiza a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (AGADEA) e Arousa NeO, en colaboración co Concello e Obra Social ‘la Caixa’. Así o desvelaron esta mañá a concelleira de Política Social, Marisa Collazo; o director de CaixaBank en Boiro, Francisco Sarasquete; a presidenta de AGADEA, Isabel Gey; a directora do Centro de Día de Ribeira, Noelia Riaño; e Eduardo Iglesias, en representación de Arousa NeO.

A cita desenvolverase o 1 de marzo, con saída e chegada na praza do Concello, lugar onde se disporá dun avituallamento final. Os participantes iniciarán o seu traxecto ás 10.30 horas para completar un itinerario de 5 quilómetros, incluíndo pequenas representacións teatrais a cargo de Airiños e o grupo de teatro de Ribeira, pretendendo así trasladar unha mensaxe e concienciar sobre como é o día a día dunha persoa con alzhéimer.

A edil Marisa Collazo manifestou que esta cita da continuidade ao convenio de colaboración que permite ofrecer un servizo de estimulación terapéutica impartido por persoal técnico con experiencia, o cal empezou no mes de outubro do pasado ano e que se leva a cabo tres veces por semana, chegando a un total de doce fogares. Neste senso, incidiu no aspecto de que este servizo supón “un balón de osíxeno”, mellorando a calidade de vida dos enfermos e familiares.

A este respecto tamén se referiu Isabel Gey, quen non descarta ampliar a prestación de AGADEA no municipio debido ao éxito acadado, apuntando que “cando un recurso se pon en funcionamento, temos que continualo.”

Na súa intervención, Francisco Sarasquete sinalou que o plan “cubre unha necesidade que hai aquí cos enfermos de alzhéimer e o colofón dese proxecto é esta andaina”, insistindo en que o obxectivo da mesma é concienciar sobre esta enfermidade. Ademais, destacou que, desde a entidade que representa, “intentamos estar sempre ao lado de todas as iniciativas sociais sen ánimo de lucro que se precisen nos concellos.”

O encargado de detallar os aspectos técnicos desta proba foi Eduardo Iglesias, quen precisou que se trata dunha andaina que se caracteriza pola súa mensaxe, de fácil percorrido e ritmo cómodo.

Pola súa parte, Noelia Riaño explicou que os interesados poden formalizar a súa inscrición ata o 27 de febreiro a través da páxina web www.agadea.org, efectuando unha doazón de 5 euros, a cal se pode realizar de xeito presencial o propio día do evento. Establécese un máximo de 150 participantes e, polo de momento, xa levan acadados unha centena de anotados.

Para máis información poden dirixirse ao Servizo de Estimulación de Boiro ou ao teléfono 672705053.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.